CRTVG

Buscar

Un grande incendio na capital de Bangladesh deixa sen fogar unhas 50 mil persoas

Publicado o 18/08/2019 16:55


Un voraz incendio deixou sen fogar 50 mil persoas en Bangladesh. O lume iniciouse nunha chabola desta barriada de Dacca, a capital do país. Non hai vítimas mortais pero as perdas materiais, xa coa luz do día, facíanse evidentes. Os bombeiros tardaron máis de catro horas en controlar as lapas avivadas polo vento. As escasas medidas de seguridade fan que sexan frecuentes os incendios en Dacca. No que vai de ano cen persoas morreron en lumes coma este.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019