CRTVG

Buscar

A parroquia de Bouzas celebra coa Brincadeira a expulsión dos franceses

Publicado o 05/05/2019 22:21

A expulsión das tropas napoléonicas no século XIX principiou por Vigo e nesa reconquista tivo moito que ver a resistencia da veciñanza de Bouzas, que daquela aínda era concello de seu. No barrio mariñeiro hoxe festexaron esa fazaña bélica con música e moito choripán.

Menos coñecida ca a Reconquista de Vigo pero tan decisiva foi na saída das tropas de Napoleón a actitude do pobo de Bouzas, que na altura de 1809 era aínda municipio independente. A súa Brincadeira é a festa que conmemora a batalla.

Case douscentos postos animaron un mercado aberto durante toda a xornada nas rúas da zona histórica boucense. Música e baile en cada recanto, o espírito festeiro tomou a vila.

E tanta troula abre o apetito. Hai un abano moi amplo de opcións, pero aquí manda a tradición de comer o choripán

Despois de ser adiada pola chuvia e pola cita electoral, a Brincadeira regresará o ano que vén por partida dobre durante unha fin de semana completa.

Noticias web

05/05/2019