CRTVG

Buscar

Ábrese unha nova fenda no PSOE de Ourense

Publicado o 29/11/2019 15:05

Os enfrontamentos internos do PSOE en Ourense volven causar unha nova vítima, desta volta o que fora secretario da agrupación local durante o último ano e medio Xosé Ramón Fernandez Morgade. A dimisión en bloque de dez membros da executiva obrigou a disolver este órgano.

Parte dos dimisionarios están ligados á coñecida como terceira vía, que no seu momento apoiou a Villarino. Non quixeron facer declaracións sobre os motivos. Si falou o secretario provincial que nega que a dirección estea detrás desta manobra.

A dirección deberá nomear agora unha xestora que se encargará do proceso de elección dunha nova executiva local. Morgade non descarta loitar novamente polo posto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019