CRTVG

Buscar

Ábrese a rolda de consultas con múltiples condicionantes para a data da investidura

Publicado o 06/12/2019 09:56

• O 41 aniversario da Constitución celébrase cun Congreso máis fragmentado ca nunca

• O Rei abre as consultas cos partidos o próximo martes

• O BNG non acudirá á rolda de consultas con Filipe VI

Seis de decembro de 2019. O 41 aniversario da Constitución celébrase este ano nun parlamento máis fragmentado ca nunca e con novas forzas que cuestionan o Estado Autonómico: unhas porque queren recentralizar e outras porque esa formulación territorial non colma as súas expectativas soberanistas.

É un asunto tanxencial tamén nas negociacións para formar goberno, que seguen pendentes da posición de Esquerra.

O seis de decembro chega ademais coas forzas políticas pendentes no calendario. Cunha data marcada en vermello: Á volta da ponte, o martes que ven, día 10,  comeza a rolda de consultas do rei Filipe VI que recibirá en audiencia a todalas forzas con representación no Congreso, agás Esquerra, Bildu, a CUP. Tampouco estárá o nacionalista galego Néstor Rego, que onte mesmo declinou aludindo ao papel recente da monarquía e as propias convincións republicanas e soberanistas do Bloque Nacionalista Galego.

A rolda rematará o mércores 11, previsiblemente coa designación de Sánchez como candidato á investidura e en principio a tempo, como pretendía o PSOE, de formar goberno antes do Nadal.  "En relación ao tempo (á data da investidura), iso non llo pode responder, sería como dicir que número vai tocar á lotería", chanceaba a ministra portavoz en funcións Isabel Celáa.

A data da investidura é unha incógnita porque para lograr os votos necesarios, cómpre a abstención de Esquerra, que dá voltas arredor do seu propio calendario. Con dúas datas: o día 19 na que se conecerá a decisión do Tribunal de Xusrtiza da Unión Europea sobre a inmunidade de Oriol Junqueras, e odía 21, no que Esquerra celebra o seu propio Congreso.

Non van á rolda de consultas pero no seu calendario tamén é importante o martes 10, cando celebran a terceira reunión co PSOE, unha vez aclaradas as diferenzas polas declaración de Sánchez. "Son todo interpretacións pero todos coñecen a disposición e a boa vontade de chegar a acordos", reafirmana Jose Luis Ábalos, o secretario de Organización do PSOE.

O socio minoritario do eventual goberno de coalición apela ao sector dos republicanos cataláns máis proclives ao entendemento coa esquerda estatal.  "O bloque da moción de censura está chamada, e isto é unha novidade histórica, a asumira responsabilidade de dirección de Estado que permita integrar que a nosa democracia integre diferentes sensibilidades e xeitos de ver as cousas. E creo que precisamos unha ERC cun estilo que se pareza máis ao de Joan Tardá", afirmou Pablo Iglesias, o secretario xeral de Unidas Podemos.

"Evidentemente non pode haber limitacións, non pode haber censura previa, ninguén pode impoñer á outra parte que non se fale de determinados temas", advertía onte por Esquerra Roger Torrent.

A data da investidura ten aínda outro condicionante: a viaxe a Bruxelas que fará Sánchez o xoves días 12 para participar nun Consello Europeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019