CRTVG

Buscar

Brais Méndez e Santi Mina dan positivo por covid-19

Publicado o 12/08/2020 16:12

O Celta comeza hoxe a pretemporada

Dous positivos no Celta por COVID-19. Brais Mendez e Santi Mina. Son casos asintomáticos e os dous futbolistas permanecen confinados nos seus domicilios, á espera de realizar outras probas PCR.

Brais e Santi Mina someteranse mañá a unha proba da liga. E o sábado a outra que lles fai a Consellería de Sanidade da Xunta. Teñen que ter dous negativos para volver. O Celta fixo os test o pasado sábado.

O Celta está na situación doutros clubs como o Betis, o Valencia, o Español ou o Mallorca, que no regreso á actividade presentan varios casos positivos por covid-19.

Noticias web

12/08/2020