CRTVG

Buscar

Brais Méndez celebra a chegada de Óscar García, mesmo despois de verse suplente en Barcelona

Publicado o 14/11/2019 21:00

Brais Méndez celebra a chegada de Óscar García, mesmo despois de verse suplente en Barcelona, na estrea do adestrador.

"Serve para traballar máis e gañar o posto. Somos moitos no equipo con gran nivel", dixo.

Brais, aberto defensor do 4-3-3, cre que están traballando nun Celta máis versátil. 

"Traballamos distintos sistemas e distintas posicións", engadiu.

A posta en práctica será en Vilarreal, última vitoria do Celta fóra hai case un ano. Un campo de boas vibracións para os celestes.

"É un déficit non ser capaces de gañar fóra. Volvemos a Vilarreal e por que non gañar alí?", explicou.

Será do domingo en oito días. Bastante tempo como para que cheguen Rafinha e Santi Mina, que seguen adestrándose á marxe do equipo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019