CRTVG

Buscar

Bóveda: "Xa deixamos de ser o equipo de moda"

Publicado o 27/02/2020 18:58

Dous partidos sen gañar e o feitizo do Deportivo perdeu parte do seu feitizo: "Deixamos de ser o equipo de moda, as portadas afastáronse de nós", opina Eneko Bóveda.

Ver o descenso a dous puntos incomoda. "Malia gañarmos un montón de partidos, perdemos un e veste ao bordo do precipicio. É o momento de collermos o touro polos cornos. Non se prendeu ningunha alarma e non temos motivos para nos afastar do camiño de onde viñamos ", di o lateral vasco.

Así e todo, non agocha certo temor ás consecuencias dun eventual esvarón no derbi. "No sentido de como poidas afrontar o día seguinte se te vises superado polo Lugo na clasificación, volver verte detrás e sería un tema máis difícil de xestionar", sinala Bóveda.

O vasco cualifica o derbi de partido grande e agarda que o equipo estea á altura dunha afección que encherá Riazor.

Noticias web

27/02/2020