CRTVG

Buscar

Bota a andar o novo hospital de día de Santiago para mellorar a atención dos doentes crónicos

Publicado o 20/09/2019 16:51
Bota a andar o novo hospital de día de Santiago para mellorar a atención dos doentes crónicos

Trátase dun cambio na maneira de organizar a atención sanitaria aos pacientes crónicos da área de Compostela.

"O obxectivo é que controlemos os factores de risco de todos estes pacientes co fin de diminuír esa mortaldade prematura que teñen todos os nosos pacientes con enfermidades crónicas".

"E evitar ingresos innecesarios que moitas veces o que fan é deteriorar o paciente crónico no canto de melloralo".

É seguir máis ao paciente crónico para saber onde o poden tratar mellor en cada momento, se hai que ingresalo ou é prefirible tratalo na casa. E para sabelo búscase un achegamento á medicina primaria.

"Que os recursos da área sanitaria que xiran ao redor deste paciente estean perfectamente organizados e integrados".

Iso inclúe potenciar a consulta electrónica en Medicina Interna.

"Estabamos a facer 10 consultas á semana, e imos pasar a facer 150".

E outro elemento dese círculo de atención sanitaria é o hospital de día.

"Co hospital de día que tiñamos en Conxo o que se fixo foi potencialo co dobre dos puntos de atención".

A idea é controlar máis os pacientes crónicos para se adiantar aos momentos de descompensación da súa saúde e mellorar a súa calidade de vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019