CRTVG

Buscar

Bos Aires relaxa o confinamento cos primeiros paseos e a apertura de comercio

Publicado o 08/06/2020 21:23

Paseos nocturnos e apertura das tendas de roupa por primeira vez en case tres meses. Son algunhas das novidades da nova etapa da corentena en Bos Aires, onde polo demais as medidas de confinamento seguen a ser moi estritas.

Bos Aires e a súa área metropolitana seguirán en corentena ata o 28 de xuño.O Goberno habilitou as saídas na capital dende as 20 horas ata as 8 de mañá. Tamén permitiu a apertura dos comercios de indumentaria e zapatos, aínda que moitos outros negocios seguirán pechados.

En calquera caso, a maioría do país entra esta semana na etapa do "distanciamento social", onde poderá haber reunións de ata dez persoas.

Alberto Fernández, presidente da Arxentina: "Todos quixésemos volver á nosa vida e ao noso ritmo habitual o antes posible, pero isto é a realidade, e o que estamos facendo é coidaronos".

Deste xeito, a capital arxentina cumprirá tres meses en corentena, unha cidade que na última fin de semana rexistrou máis de 800 novos casos de coronavirus.

Noticias web

08/06/2020