CRTVG

Buscar

Bos Aires pensa na apertura, condicionada pola situación económica

Publicado o 07/07/2020 21:08


Tras 110 días de confinamento, Bos Aires xa pensa nunha apertura da corentena. Unha volta á actividade condicionada pola situación económica.

Segundo os expertos, uns 23.000 comercios pecharon de forma definitiva na capital dende o inicio da pandemia, un 20 % do total.

Tamén segue presente a preocupación polas camas de terapia intensiva, cunha ocupación de case o 60 % en Bos Aires e na súa periferia.

En total, A Arxentina suma máis de 80.000 casos e 1.600 mortes pola COVID-19.

Noticias web

07/07/2020