CRTVG

Buscar

Bos Aires endurece a corentena co peche das actividades non esenciais

Publicado o 01/07/2020 20:14
Bos Aires endurece a corentena co peche das actividades non esenciais

Bos Aires e a súa populosa área metropolitana (AMBA), xunto á norteña provincia de Chaco e outras localidades con alta circulación do coronavirus SARS- CoV-2, comezaron este mércores unha etapa máis estrita da corentena, marcada polo peche dos negocios non esenciais e maiores controis de tránsito.

Nesta nova etapa, que en principio se prolongará ata o 17 de xullo, todas as actividades comerciais volverán pechar as súas portas fóra das 24 consideradas como esenciais, entre as que se inclúen persoal sanitario, forzas de seguridade, traballadores públicos, prensa e traballadores da industria alimentaria.

Os traballadores destas actividades son os únicos que poden usar o transporte publico ou transitar cos seus vehículos, xunto ás persoas exceptuadas por asuntos puntuais como o coidado de maiores. Para asegurar o cumprimento da norma, intensificáronse os controis, principalmente nos puntos de acceso á capital, á que cada día, a pesar da corentena, acceden 850.000 persoas a traballar, segundo datos do Goberno da cidade.

Noticias web

01/07/2020