CRTVG

Buscar

Borrell preside por primeira vez o Consello de Asuntos Exteriores da UE

Publicado o 09/12/2019 21:07

Entre os puntos da orde do día estaba a defensa do respecto aos dereitos humanos. Dende Bruxelas van traballar para poñer en marcha un réxime de sancións no caso de violacións aos dereitos humanos. Borrell explicou que este documento que queren desenvolver aspira a ser nun referente a nivel mundial.

Ademais, neste Consello de Asuntos Exteriores tamén se abordaron as relacións con África. O alto representante da Unión Europea avanzou que non pode existir ningunha estratexia para ese continente se non participan dela os países africanos, polo que o vindeiro ano celebrarase un cumio en Bruxelas ademais de varias reunions previas nese traballo conxunto.

Noticias web

09/12/2019