CRTVG

Buscar

Casetas e atraccións das festas, vivendas, coches e terrazas afectadas no municipio toledano de Borox

Publicado o 27/08/2019 09:56

A chuvia e o pedrazo comezou a caer con forza a partir das catro da tarde. Borox é unha vila con moita pendente polo que a auga foise acumulando en dúas ou tres rúas, arrastrando coches, terrazas de bares e causando danos nas vivendas baixas.

A tormenta, segundo a AEMET, descargou nesta zona máis de 9.000 raios. Entre Seseña e Borox, os bombeiros de Illescas atenderon preto dun cento de chamadas.

A vila celebra as súas festas estes días e moitas casetas e atraccións dos feirantes tamén foron rúa abaixo. O Concello suspendeu as celebracións. Na provincia de Ávila, en Navas del Marqués, o caso foi moi semellante: desbordamento dun regato, inundacións e cancelación das festas.

Noticias web

27/08/2019