CRTVG

Buscar

Borja Valle: "A día de hoxe, non asino só a permanencia"

Publicado o 23/10/2019 14:31

Os xogadores do Deportivo non eluden a autocrítica e son conscientes do moito que teñen que mellorar.

"Cando encaixas 22 goles en 12 xornadas, a chave está aí. Confío en que imos marcar goles e que van chegar os resultados. Pero todo pasa por pechar a nosa portería. Cando o fagamos, todo será máis doado", dixo Borja Valle.

Tres días despois do partido contra o Málaga, Borja Valle insiste na súa ambición. A día de hoxe, non asina só a salvación.

"Resígnome a pensar que o obxectivo deste Deportivo, aínda que empezou como empezou, sexa salvar a categoría. É certo que moitas persoas o asinan porque a situación do Deportivo é moi mala. Eu non quero asinala a día de hoxe. Quero ser ambicioso".

O xogador do Bierzo reclama paciencia e unidade, e asegura que os erros que condenan o Deportivo son evitables.

Noticias web

23/10/2019