CRTVG

Buscar

Borja Thyssen enfróntase a dous anos de prisión por evasión fiscal

Publicado o 13/11/2019 15:35

O fillo da baronesa Thyssen enfróntase a unha pena de dous anos de prisión e unha multa de 600.000 euros por non presentar a declaración da renda de 2007 e afirmar que vivía en Andorra, cando residía en España.

Borja Thyssen  está acusado de evasión fiscal. Malia que o fillo da baronesa Thyssen ten a súa residencia oficial en Andorra, a fiscalía considera que realmente reside en España, onde viven a súa muller e os 4 fillos da parella. Acúsano de finxir a residencia en Andorra para eludir o pago do imposto da renda de 2007.

Segundo o Ministerio Fiscal, Thyssen era o titular dunha tarxeta de crédito coa que realizou numerosas operacións que acreditan a súa presenza en territorio español. Asegura ademais que tiña contratados gastos ordinarios de gas, electricidade ou teléfono nunha conta ao seu nome. Por todo isto piden para Borja Thyssen unha condena de dous anos de cadea e o pagamento dunha multa de 600.000 euros.

Ademais deste xuízo, o fillo da baronesa Thyssen ten pendente outra causa por defraudar a Facenda parte dos beneficios da venda de varias participacións en empresas en 2010. Neste caso a fiscalía pide unha condena de 3 anos de cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019