CRTVG

Buscar

Borja Domínguez ficha polo Pontevedra cedido polo Alcorcón

Publicado o 25/01/2019 17:01

En Segunda B destacamos o regreso a Galicia do centrocampista vigués Borja Domínguez. Borja Domínguez ficha polo Pontevedra ata o final de campaña cedido polo Alcorcón. Borja xogou os últimos tempos no Córdoba, no Oviedo e no Alcorcón. Antes na canteira do Celta e no Rácing de Ferrol. Para recuperarse da lesión que sufriu, coa necesidade de minutos de fútbol, aceptou a oferta granate. Podería debutar este domingo en Pasarón.
 

Noticias web

25/01/2019