CRTVG

Buscar

Borja Domínguez, a fichaxe estrela do Pontevedra

Publicado o 31/01/2019 21:51

Quen tamén busca o ascenso, pero desta volta á Segunda, é o Pontevedra. O equipo galego mellor posicionado na categoría refórzase con ese obxectivo. Borja Domínguez chega ao equipo que dirixe Luismi e convértese na fichaxe estrela da Segunda B neste mercado de inverno. O Pontevedra é sexto a un punto da promoción para o ascenso. 

Borja Domínguez: "Xurdiu a oportunidade de vir aquí. Había varias opcións máis interesantes, pero a min facíame moita ilusión vir a un club coma o Pontevedra e poder facer algo bonito aquí, volver gozar do fútbol nun sitio coma este. Estou moi contento coa decisión que tomei e agardo que saian ben as cousas".

 

Noticias web

31/01/2019