CRTVG

Buscar

Boqueixón descubre con moito teatro o Pico Sacro

Publicado o 25/05/2019 20:54

Visitantes do Pico Sacro viaxaron no tempo, ata a época da raíña Lupa e do apóstolo Santiago. A través dunha visita teatralizada e outras actividades, Boqueixón intenta descubrir ao público o seu patrimonio.

O actor que entraña a Atanasio relata que "cando os discípulos do apóstolo foron ao castro lupario a visitar á raiña Lupa, ela os mandou aquí, para, en teoría morrer, porque ela quería o corpo do apóstolo, e sen embargo cun milagre ela volveu crer que si que existían os poderes divinos".

A lenda da raíña Lupa, inclúe un dragón e o apóstolo Santiago, elementos históricos e culturais que fixeron a ledicia de case un cento de visitantes, que, ademais de gozaren da beleza singular do enclave do Pico Sacro, aprenderon con moito teatro.

Mari Cruz Ferreiro, Axente de Desenvolvemento Local de Boqueixón explica que: "É unha representación teatralizada, entón é unha forma moito máis visual, atractiva, vistosa de achegarse tamén á nosa historia".

Iván Tourís, quen representa a Atanasio, di que: "É unha historia moi bonita, dunha raíña que tivemos aquí, da que pouco se sabe, e realmente pois formou parte da nosa cultura e da nosa historia galega".

Juan Segade, Guía oficial de Galicia, detalla que: "Explicándolles un pouquiño o contorno no cal están, situándonos no tempo... Como Teodoro e Atanasio chegaron co corpo, a raíña Lupa como os recibíu... É un xeito moi bo de que a xente se sinta atraída por este lugar tan emblemático, o Pico Sacro. Un modo de pasar a fin de semana, dun xeito ameno e didáctico".

O ciclo cultural "Un mes e Pico" continuará ao longo do mes de xuño, descubrindo ao público o patrimonio que abraza Boqueixón dende o alto dun sepulcro feito de cuarzo, que domina o val do Ulla.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019