CRTVG

Buscar

A Xunta amplía o bono turístico sanitario ata o 31 de maio e renovará a iniciativa

Publicado o 21/11/2020 14:55

O bono turístico solicitárono máis de 18.000 persoas do ámbito sanitario e sociosanitario. Unha medida da que se beneficiaron o 92% das persoas ás que ía destinado co obxectivo de fomentar, mediante esta tarxeta por valor de 250 euros, un dos sectores, o do turismo, máis castigados pola pandemia.

Por iso, dende o Goberno galego queren incrementar esta dotación orzamentaria ata os seis millóns de euros para 2021, co fin de aumentar o número de tarxetas e ampliar os perfís dos colectivos beneficiados. E para facelo posible queren tenderlles a man a concellos e deputacións para poder chegar ao maior número de persoas, empresas e sectores.

Igualmente, incrementarase o prazo de solicitude do bono tarxeta para este ano, ata o 10 de decembro, e ampliarase o período para gastalo ata finais de maio do ano vindeiro.




 

Noticias web

21/11/2020