Bonilla a la Vista levará o selo de Galicia Calidade polo mundo
Pataca de calidade, aceite de oliva da nosa terra e sal. Con estes ingredientes Bonilla a la Vista soubo converter un pequeno negocio nunha grande empresa familiar que hoxe exporta a 21 países e que é un auténtico fenomeno social en Corea do Sur. Un éxito ao que está contribuíndo esta imaxe da película Parásitos e que está obrigando a aumentar a produción e o persoal da empresa.
"En moitos lugares de España onde non estabamos presentes agora xa está. Noutros países onde non nos coñecían queren probar o noso produto. Estamos nun punto da empresa onde primeiro tratar de abastecer esa demanda e fidelizar esa nova clientela", explica Diego García, director de Mercadotecnia.
Todo un referente da industria de transformación agroalimentaria galega que levará agora o selo de Galicia Calidade.
"Ao longo deste ano imos facer unha promoción transversal, unha aposta polos nosos produtos e cando esteamos falando de queixos, de viños, de mel, do pan ou do leite, nos nosos expositores poñeremos patacas de Bonilla a la Vista", asegura José González, conselleiro do Medio Rural.
Bonilla a la Vista traballa en novos formatos de venda pero os esforzos seguen postos en manter a excelencia dun produto cen por cento galego.