CRTVG

Buscar

Bolsonaro conmemora a independencia do Brasil sen máscara nin distancia

Publicado o 08/09/2020 09:04

Bolsonaro conmemora a independencia do Brasil sen máscara nin distancia. O desfile que adoita celebrarse para conmemorar a independencia nesta ocasión foi cancelado, de tal xeito que a cerimonia se limitou a uns 800 asistentes, entre os que estaban os membros do Goberno. Bolsonaro chegou ao acto a bordo dun vehículo convertible, sen máscara e rodeado de nenos. Por se fora pouco, o presidente do Brasil tamén saudou os asistentes, e mesmo fixo fotos con eles sen gardar ningún tipo de distancia.

Noticias web

08/09/2020