CRTVG

Buscar

Bolivia declara persoas non gratas dous diplomáticos españois e dálles 72 horas para abandonar o país

Publicado o 30/12/2019 18:27

• España responde coa expulsión de tres diplomáticos bolivianos

O Goberno interino de Bolivia segue acusando a encargada de negocios e o cónsul de España e a embaixadora de México de estar argallando sacar do país os ex-ministros de Evo Morales refuxiados na residencia da diplomática mexicana. Declarounos persoas non gratas e deulles 72 horas para saír de Bolivia. O representante boliviano ante a comunidade internacional chegou a acusar os gobernos de España e de México de actúar ao servizo dos chavistas.

O Goberno español respondou ás expulsións coa expulsión de tres diplomáticos bolivianos destinados en Madrid, segundo puido saber Europa Press. A resposta é unha medida de reciprocidad habitual neste tipo de casos. 

O Ministerio español de Asuntos Exteriores nega as acusacións. Considera normal a visita de diplomáticos españois á residencia da embaixadora mexicana e sostén que os policiais que os custodiaban cumpriron os estándares internacionais de protección. Enviou á Paz un funcionario para investigar o incidente diplomático.



 

Noticias web

30/12/2019