CRTVG

Buscar

Boeing presenta o proxecto que vai desenvolver en Galicia de seguridade aérea cos drons

Publicado o 21/05/2019 17:54

Boeing di que o reto do seu sector, nun mundo que precisará de aeronaves non tripuladas para poder transportar cada vez máis pasaxeiros e mercadorías, o reto di, é facelo coa máxima seguridade para evitar colisións ou a perda de sinal do dron. Para iso van traballar nunha tecnoloxía de xestión de continxencias, e o lugar elixido para o proxecto é o polo aeronáutico de Rozas, en Lugo. 

José Enrique Román, Boeing Europa: "España ofrece instalacións únicas e Rozas é unha delas. Está, sen dúbida, entre as tres mellores do mundo".

No proxecto, en que se investirán 11 millóns de euros, participan outras seis empresas, algunhas galegas, e a Xunta. Feijóo di que grazas á cooperación público-privada Galicia se está a facer un oco no sector aeronáutico.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Estamos facendo algo que pode marcar un antes e un despois para a industria que perseguimos, que é unha industria de moita formación e que pense en dar solucións globais".

Grazas a este proxecto Boieng deixará en Rozas un simulador de probas que completará o equipamento do centro de investigación e vai organizar en Lugo obradoiros para incentivar vocacións científicas entre os alumnos de secundaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019