CRTVG

Buscar

Boborás será a partir do venres o único concello de Ourense no nivel alto de restricións

Publicado o 03/03/2021 14:09

Con 2.200 habitantes e catorce deles coa infección activa, Boborás pasa a partir do venres ao nivel alto de restricións.

Con estas novas limitacións, os interiores dos bares teñen que volver pechar, só poderán servir nas terrazas.

Un exemplo é o de dúas curmás do concello lindeiro de Beariz, non poderán parar en Boborás para tomar o café como acustuman facer de camiño á cidade.

Non poderán entrar en Boborás nin os veciños ir a ningún concello da provincia, xa que queda toda nun nivel máis baixo.

Non estará permitido ir á capital da comarca sen causa xustificada, pero si a Porto do Son, por exemplo.

Boborás só terá mobilidade cos concellos no mesmo nivel 2.

Noticias web

03/03/2021