CRTVG

Buscar

Bob Dylan comeza en Santiago a súa xira por España

Publicado o 29/04/2019 22:01

Bob Dylan volve hoxe a Galicia para tocar na capital galega por terceira vez. O Multiusos Fontes do Sar acolle o recital do músico estadounidense, todo un mito en vida e que chega para presentar a súa última xira, Neverending. Un personaxe cheo de excentricidades, e desta volta non ía ser distinto. Un show sen pantallas e onde están prohibidas ata as gravacións con teléfonos móbiles.

Pero a pesar das trabas, de seguro que o artista e premio Nobel de Literatura en 2016, volverá encandilar os milleiros de seguidores de todas as idades que se reúnan en Santiago. Afondará na memoria musical norteamericana da man do blues, do jazz, do folk, do swing e do rhythm and blues. Unha cita imprescindible para os amantes da música.

Hai moita expectación entre os seguidores desta lenda da música e premio Nobel de literatura. De feito as entradas levaban varios días esgotadas, ata que a produtora decidiu ampliar a capacidade e poñer novas localidades á venda. Este concerto de Santiago é un dos 8 que ofrecerá Dylan no noso país, dentro dunha xira europea que inclúe preto de 40 concertos nunha ducia de países.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019