CRTVG

Buscar

Boa resposta nas probas PCR do Ventorrillo ante a situación pandémica da cidade coruñesa

Publicado o 28/02/2021 14:09

A Coruña é nestes momentos a urbe galega cos peores números de covid-19. Na zona do Ventorrillo segue a realizarse un cribado de 8.200 persoas pertencentes á franxa de idade dos 60 aos 70 anos.

Sobre a situación pandémica na cidade, as opinións son que é mellorable: "Imos moi lentos. Entón por iso eu vexo ben estas cousas, a ver se avanzamos un pouco". "Ë unha cidade moi transitada, polo polígono industrial, e por iso había máis". "Moi normal non é, por iso vimos".

As probas PCR no covidauto do Ventrorillo fanse non só no coche senón tamén a pé. Neste tipo de cribados, a media de participación sitúase entre o 50 % e o 60 %. E escóitanse voces que din que a posición cívica é acudir: "Que é voluntaria? Si, pero se te chaman o normal é obedecer". "Á miña filla fixéronlla e deulle positivo sen ter síntoma ningún en ningún momento. Díxome que viñera". "O cribado hai que facelo. Se non, non sabemos como está o asunto".

Tampouco faltan os casos con ampla experiencia persoal ou familiar en probas con antíxenos ou PCR: "Fixen unha polo concello e outra para operarme dunha pequena intervención, e agora mandáronme para descarte e volvín... O que faga falta". "Somos tres e fixéronnos as probas aos tres, e se a unha persoa lle dá negativo é moi difícil que aos aoutros non lles dea".

As citacións por vía SMS continúan, e o cribado nesta área coruñesa prolongaranse ata o sábado vindeiro.

Noticias web

28/02/2021