CRTVG

Buscar

Bo partido do Parrulo que acaba perdendo na pista do líder Palma (4-2)

Publicado o 05/12/2020 12:05

O Parrulo completou un bo partido na pista do líder, o Palma Futsal, pero acabou perdendo por 4-2. 

Nos primeiros cinco minutos xa se marcaran tres goles. Vilela adiantou a Palma, empatou deseguido Isma cun gran dereitazo pero Hamza puxo o 2-1.

O marcador xa non se movería ata a segunda metade que comezou do mesmo xeito que a primeira. Thalles tardou un minuto en empatar (2-2) pero aos dous minutos da reanudación Nunes poñía o 3-2. Héctor Souto arriscou durante moito tempo con porteiro - xogador e iso aproveitouno o porteiro local Fabio para marcar (m34) e poñer o definitivo 4-2. 

Noticias web

05/12/2020