CRTVG

Buscar

Billie Eilish domina nos 64 Premios Grammy, con protagonismo latino para Rosalía e Alejandro Sanz

Publicado o 27/01/2020 08:59

Rosalía e Alejandro Sanz dominaron na música latina nos premios Grammy. A cantante catalá segue facendo historia: converteuse na primeira artista española en gañar un Grammy internacional. Levou o premio ao mellor álbum de rock urbano ou alternativo de música latina por 'Mal querer'. Mentres tanto, Alejandro Sanz, que non acudiu á gala, adxudicouse o Grammy ao mellor álbum pop latino por 'El Disco'.

A 62ª edición dos Grammy celebrouse no Staples Center dos Ánxeles. Con 18 anos e un único disco no mercado, Billie Eilish gañou nas catro categorías principais dos Grammy, un logro que fixo historia e situou por primeira vez a unha cantante nacida despois dos anos 2000 entre as glorias da música. 

Eilish logrou esta noite un triunfo xeracional, cun traballo, 'When We Fall Asleep, Where Do We Go?', do que se pode dicir que marcou unha era ao difuminar por completo os xéneros musicais, en plena globalización, e romper a liña entre o independente e o comercial, despois de que Internet universalizara o acceso á música.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí