CRTVG

Buscar

Bildu di que non será un obstáculo para un goberno con axenda "democratizadora"

Publicado o 11/12/2019 11:26
Bildu di que non será un obstáculo para un goberno con axenda "democratizadora"

O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, afirmou este mércores que a coalición abertzale non será "un obstáculo" para un goberno de PSOE e Unidas Podemos se ten unha "axenda democratizadora".

Nunha entrevista en Radio Euskadi, Otegi asegurou que EH Bildu ten unha posición "autónoma" de ERC sobre a investidura do que podería ser o "primeiro goberno de esquerdas, entre comiñas, desde a II República".

"Non basta cun goberno de Fronte Popular, fai falta unha axenda democratizadora que faga fronte aos sectores que buscan unha reforma autoritaria do Estado, débese comprometer con esa axenda, e se pode ser así ou hai unha oportunidade non seremos un obstáculo", comentou.

Con todo, sinalou que aínda "pode pasar calquera cousa", como que o PSOE busque o acordo con Ciudadanos debido ás presións de sectores empresariais.