CRTVG

Buscar

Betanzos e Monterroso celebran a tradicional feira de primeiro de ano

Publicado o 01/01/2020 13:58

Empezar o ano na Feira de Betanzos ou de Moterroso é unha tradición para moitos. E despois do cocholate con churros, se están pola comarca, xa van a estas feiras para comer o polbo. As mozas cambian os tacóns por zapatillas, porque a noite foi longa.

Betanzos é un dos primeiros destinos para estrear o ano; e este 2020, non foi menos. Pero non só se busca un calzado cómodo; tamén utensilios para o campo ou roupa de abrigo, porque aínda queda o máis duro do inverno.

E a menos dunha hora da que fora capital do Reino de Galicia, está Monterroso; e aquí, ademáis da tradicional Feira de Santos, cada primeiro de xaneiro tamén se inaugura o ano na procura de mel, queixo e, sobre todo, degustar unha das estrelas da nosa gastronomía: o polbo.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020