Bergantiños recoñece que o Deportivo está nunha situación límite
Publicado o 28/11/2019 16:28
Situación límite no Deportivo. Esa é a definición de Alex Bergantiños. O capitán non agocha o carácter de vital que ten a visita ao Anxo Carro. Ten que aparecer o mellor Deportivo da temporada. O encontro co Alcorcón foi a apertura dunha ventá. Pero hai que facer máis.
Sen panos quentes. Así avalía Álex Bergantiños o momento do Deportivo. Unha situación dura de roer, á que o Deportivo non está afeito.
O coruñés prevé un derbi moi igualado e gaba a política do Lugo. Unha espiña cravada: Bergantiños nunca lle gañou ao Lugo.
Máis sobre A Coruña
27/02/2021 14:47
23/02/2021 17:23