CRTVG

Buscar

Bergantiños: "Hai que reverter a situación e volver sentir a sensación de gañar"

Publicado o 16/04/2019 17:32

Nin facer contas nin mirar a outro lado. O Deportivo só ten un obxectivo: volver gañar, como sexa, tras dous meses de seca.

"Temos que superar este momento pensando exclusivamente no domingo, intentar reverter a situación e volver sentir a sensación de gañar, que é o que máis necesitamos todos os xogadores agora mesmo", asegurou Álex Bergantiños. 

O capitán apela á responsabilidade de cada xogador para dar máis: "Se queremos ser bos xogadores e competir en Primeira División temos que saber pasar por estes momentos e responder ante eles. Aquí hai xente para facelo e nestas oito xornadas teremos que demostralo no campo", di. 

Porén, na contorna a desilusión co equipo é palpable e fai agromar as críticas.

Luis Rodríguez, ex-adestrador do Deportivo: "Sorprendeu ao principio pero nin sei por que, porque o equipo, táctica e estratéxicamente, estivo moi frouxo durante toda a temporada. Eu atribúoo á concepción do cadro de xogadores que, sobre todo no centro do campo, onde se coce todo o fútbol, foi nefasta".

Agarda Luis Rodríguez Vaz que o novo adestrador saiba tirar máis partido do que ten ao seu dispor.

Noticias web

16/04/2019