CRTVG

Buscar

Benedicta Sánchez, Yosi e Martínez-Almeida, novos comendadores do cocido de Lalín

Publicado o 16/02/2020 15:28

A gañadora do Goya á mellor actriz revelación comprometeuse a "promocionar os marabilosos produtos agrícolas da nosa terra".

Afeitos como nos ten Benedicta Sánchez a romoper moldes, hoxe non prometeu comer cocido como manda a Encomenda, pero ser vexetariana, di, non lle impide defender o prato estrela do país. Para outro dos comendadores, ese mandato queda curto. "Comer cocido unha vez ao ano paréceme pouco", dixo Yosi, líder de Los Suaves.

O outro é promocionalo. E aí o alcalde de Madrid non ve incompatibilidade co seu cargo. "Os días pares comemos o cocido madrileño, e os impares o de Lalín", chanceou José Luis Martínez-Almeida.

Alberto Núñez Feijóo presidiu o Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido desta 52 edición da festa, que tivo de pregoeira a xornalista Sonsoles Ónega.

Noticias web

16/02/2020