CRTVG

Buscar

Benedicta Sánchez: "Ao mellor en dez anos aínda me están reclamando para facer películas"

Publicado o 19/02/2020 15:21

O presidente da Xunta reuniuse hoxe con Benedicta Sánchez para felicitala persoalmente polo seu Goya á mellor actriz revelación. O encontro foi na Cidade da Cultura, na exposición 'Un relato no mundo', en que os emigrantes, como foi Benedicta no Brasil, teñen un papel protagonista.

Conversa o carón da Santa de Asorey, a única escultura da sala, porque Benedicta non levou o Goya ao encontro co presidente. Así o explicaba: "Eu pensei en Galicia, non pensei no Goya".

A de hoxe foi a recepción oficial tras o premio, pero Feijóo e Benedicta xa se reuniron en varias ocasións. A actriz lembrou cando coñezou o presidente á súa volta do Festival de Francia.

A Benedicta Sánchez séguenlle chegando ofertas laborais. Ela di que non ten ambición, pero tampouco as desbota.

 

Noticias web

19/02/2020