Beltrán: "Non é o momento de botar contas, queda moito"
O que é evidente é que Aspas non vai xogar en Mendizorroza, e o Celta precisa un plan B. Non estará Aspas ante o Alavés, pero si volve Maxi Gómez tras o partido de sanción que cumpriu ante o Levante. E por se fixera falta, Cardoso medita levar a Manolito Apeh a Vitoria como revulsivo no ataque. A Cardoso vaille o posto neste partido. Os xogadores saben que xa non hai marxe de erro.
Unha derrota en Mendizorroza acabaría co crédito de Cardoso, pero dentro do vestiario manteno intacto, e os xogadores buscan solucións para que siga no posto. O equipo meteuse nunha perigosa dinámica que o ten moi preto dos postos de descenso. Beltrán non pensa en botar números, pero si teme a idea de perder a categoría.
Unha vitoria en Mendizorroza axudaría a afastar esa palabra tan temida.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí