Beltrán, despois do seu gol contra o Atlético: "Saímos reforzados e temos que mirar cara arriba"
O Celta gañou confianza para os tres partidos que quedan pola permanencia. Fran Beltrán, protagonista involuntario no gol do Atlético, resarciuse cun remate inverosimil que supuxo o empate.
Beltrán:"Sempre traballas para estes momentos. Saímos reforzados ante un equipo de Champions. Temos que mirar para arriba e seguir puntuando."
Un equipo que prefire mirar para arriba, que se sobrepuxo ao gol de Morata no primeiro minuto. A versión do Celta que lle empatou ao Barcelona máis ca do último partido co Betis.
Oscar García: "Cando somos regulares somos un equipo difícil de bater"
Foi un partido para os peóns do equipo. Jorge Sáenz formou desde o inicio na defensa de tres centrais.
Jorge Saenz: "Tratamos de que non se note a diferenza.Estivemos os once e os suplentes a gran nivel. Sacamos un punto e faltou pouco para que fosen os tres"
Pois en Pamplona non estará Murillo, por sanción. Unha baixa máis importante se cabe porque se engade á de Rubén. Iván Villar terá que ser o porteiro da permanencia.