CRTVG

Buscar

Batet comunícalle hoxe ao rei o resultado da investidura para que o monarca decida o inicio dunha nova roda de consultas

Publicado o 26/07/2019 09:14

Con este escenario, os pasos xa se comezaron a dar e Meritxell Batet, a presidenta do Congreso, comunicaralle hoxe mesmo, ás 9 da mañá, o resultado da investidura frustrada o rei Filipe VI.

O monarca será quen debe decidir, se inicia en breve unha nova rolda de contactos cos representantes dos partidos políticos ou se a pospón ata que avancen na viabilidade dun acordo de Goberno ou investidura. Será a sétima rolda de consultas dende que é rei.

O fracaso da investidura abre automaticamente a conta atrás para a repetición electoral. Agora hai un prazo de dous meses, ata o 23 de setembro, para negociar e que algún candidato consiga a confianza do Congreso.

Podemos ve marxe para un acordo, pero o PSOE mesmo evita concretar se Sánchez o vai volver intentar.

Pero o apoio de Podemos e insuficiente e se a sentenza do xuízo do procés se se dita nese período podería condicionar apoios nacionalistas cos que si contaba Sánchez desta volta.

E tanto Ciudadanos como o PP pechan as portas a cambiar o seu voto en setembro.

Se o 23 de setembro non hai investidura disolveríanse as Cortes e convocaríanse uns novos comicios, que se celebrarían o 10 de novembro. Serían as cuartas eleccións xerais en catro anos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019