CRTVG

Buscar

Bateeiros e percebeiros deciden hoxe se poñen fin ao conflito da mexilla

Publicado o 26/05/2020 15:57

Proposta de solución para o conflito da mexilla.

Na terceira xuntanza para intentar resolver o conflito, a Xunta puxo sobre a mesa unha proposta intermedia que preserva as zonas de especial interese para os percebeiros. Son 50 quilómetros de costa onde non se poderá extraer mexilla.

O acordo concede ademais aos mexilloeiros un mes de prórroga, ata finais de xuño, para a extracción de cría de mexillón no resto do litoral.

A conselleira do Mar asegura que ambos os dous sectores son de vital importancia para Galicia. 

Esta tarde, bateeiros e percebeiros decidirán se aceptan a proposta e poñen fin ao conflito.

Noticias web

26/05/2020