CRTVG

Buscar

Bares e restaurantes pecharán ás seis da tarde en Italia

Publicado o 26/10/2020 14:34

Pese a que cinco rexións estrearon a pasada semana o toque de recollida nocturno, entre elas as tres con maior proboación, o Goberno italiano resístese a facer obrigatoria a medida no conxunto do país e déixaa en mans das administración locais.

A cambio, reforza as restricións á actividade para limitar os contactos sociais e evitar a propagación do coronavirus.

Durante as próximas catro semanas, os bares e restaurantes de toda Italia deberán pechar ás seis da tarde e o mesmo farán os teatros, cines, ximnasios e piscinas.

Tamén os centros sociais, salas recreativas, bingos, casinos e parques de atraccións.
Segundo explicou o primeiro ministro, Giuseppe Conte, o obxectivo é dobregar a curva de contaxios en novembro e salvar o Nadal.

Para limitar os efectos destas medidas na contabilidade das preto de 350.000 empresasa afectadas, o ministro italiano de Economía anunciou axudas superiores ás que se deron durante o primeiro confinamento.

O decreto establece que tres de cada catro estudantes de secundaria sigan o curso desde as súas casas a través de Internet.

Noticias web

26/10/2020