CRTVG

Buscar

A tormenta Dennis devolve á terra un barco que levaba á deriva máis dun ano

Publicado o 19/02/2020 07:55

Un barco "pantasma", que levaba á deriva máis dun ano, encallou en Irlanda por mor da borrasca "Dennis". É un cargueiro de 77 metros de eslora. En setembro de 2018 inmobilizouse no medio do Océano Atlántico, ao sureste das Bermudas. Os dez membros da tripulación tiveron que esperar vinte días a ser rescatados. A partir dese momento, as informacións sobre o barco son confusas. Agora, máis dun ano despois, está encallado no sur de Irlanda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020