CRTVG

Buscar

Sorte desigual para os equipos españois no sorteo da Champions

Publicado o 29/08/2019 21:57

Hoxe celebrouse en Mónaco o sorteo da Liga de Campións deste ano e estes foron os emparellamentos.

No grupo A, o Real Madrid enfrontarase ao París Saint-Germain, veremos se con Neymar ou sen Neymar no equipo, ao Bruxas e ao Galatasaray.

No grupo F, ao Atlético tócalle a Juve de Ronaldo, o seu verdugo do ano pasado, ademais do Leverkusen e o Lokomotiv de Moscova.

Grupo F, encabezado polo Barça, que se enfrontará ao Borussia de Dortmund, o Inter de Milán e o Slavia de Praga.

Finalmente, no grupo H, o Valencia verase co Chelsea, co Ajax e co Lille francés.

 

 

 

Noticias web

29/08/2019