CRTVG

Buscar

Bárbara Vega dános as claves da declaración da renda IRPF - 2018

Publicado o 01/04/2019 10:50

Bárbara Vega, xestora administrtriva, dános a claves para a declaración do IRPF de 2018, que trae algúns cambios. 
Este ano agárdanse una 20 millóns de declaracóns da renda e o 70 por cento sairá a devolver.

Desaparece a declaración en papel
Non teñen a obriga de presentar a declaración os que teñan un só pagador e uns rendementos do traballo non superiores a 22.000 euros. Se se ten dous o máis pagadores, o límite queda en 12,643 euros.

Desgravación por vivenda habitual
Estamos nun réxime transitorio, as vivendas que se compraron antes de do 31 de decembro de 2012 poden desgravar e as que se compraron despois, non.

As rendas de alugueiros para a vivenda habitual teñen unha dedución do 60%.
Á parte temos as deducións autonómicas, que dependerá das persoas que nos estea alugando ese inmoble, da idade da persoa que aluga e tamén da data, deben ser contratos anteriores ao 2015.

Facenda tamén puxo foco nos alugueiros vacacionais e cada vez son máis os que están aflorando na declaración da renda.

Declaración das bolsas de estudo

Para estudos, as marxes exentas de declaración van desde os 3.000 aos 18.000 euros. Depende do nivel estudos e do nivel da renda, pero as marxes máximas van ata os 18.000 euros.

Axudas á maternidade e desgravación por gardería
Un dos principais cambios deste ano é que deixan de estar suxeitos a imposto as prestacións por maternidade e paternidade. Hai que revisar os borradores por se viñeran incluídos como ingreso.

A intención é que a desgravación por gardería se faga xa de maneira automática, o que temos que ver é que realmente se fixera.

As desgravacións das que nos esquecemos sempre.
As desgravacións por fillos, hai moita xente que se esquece, as doazóns que se fagan, achegas a sindicatos, as de vivenda habitual... En Galicia temos a dedución por investimento en novas tecnoloxías, investimento en empresas de nova creación.

Cotizacións dos autónomos que traballan na casa
Poden desgravar o 30 por cento do espazo da vivenda que se utiliza para a actividade económica.

Maiores de 65 anos
Canto maior é a persoa, o mínimo familiar exento vai crecendo.

Venda da vivenda habitual
O cartos recibidos pola venda da vivenda habitual só están exentos de tributación se se reinvisten noutra vivenda habitual.











 

Noticias web

01/04/2019