CRTVG

Buscar

Banksy abre unha tenda efémera en Londres

Publicado o 02/10/2019 12:14

Produto interior bruto. Así se chama a tenda temporal que abriu Banksy nun barrio do sur de Londres. Un berce dun bebé vixiado por numerosas cámaras ou un felpudo feito con chalecos salvavidas de inmigrantes rescatados no Mediterráneo. Son algunhas das pezas que parten dun mínimo de 10 libras, 11,20 euros.

Permanecerán expostas 15 días e só se poden mercar por Internet. O artista británico anunciou que o diñeiro recadado con esta venda se destinará a adquirir un barco de rescate para suplir o confiscado polas autoridades italianas.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019