CRTVG

Buscar

Baltar e Jácome reúnense por primeira vez desde a formación de goberno en Concello e Deputación

Publicado o 04/07/2019 13:50

Inverter a curva demográfica da provincia de Ourense. É o ambicioso reto que marcan Concello e Deputación neste novo mandato froito do entendemento entre PP e Democracia Ourensana. Hoxe foi a primeira xuntanza institucional entre o alcalde, Gonzalo Jácome, e o presidente provincial, Manuel Baltar.

Con Manuel Baltar como anfitrión, celebrouse esta primeira xuntanza institucional entre o novo alcalde de Ourense e o presidente da Deputación, nun ambiente de sintonía inédita ata as pasadas municipais, en que os acordos entre PP e Democracia Ourensana lles permitiron formar goberno en ambas as institucións.

"Eu creo que o futuro chegou, que estamos en disposición de facer grandes cousas neste mandato, que a vocación e a diposición son máximas", di Manuel Baltar.

Jácome foi máis alá. Aspira a darlle a volta a curva demográfica da provincia co Centro de Intelixencia Artificial, un proxecto para o que a Deputación xa comprometeu apoio: "Se realmente conseguimos que Ourense sexa a primeira provincia, zona, rexión... do sur de Europa que invirte a curva demográfica, estariamos falando dun fito. E ímolo intentar".

Teñen cartos, aclaran, e a maioría necesaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019