CRTVG

Buscar

Ábalos, sobre as negociacións con ERC: "Mantense todo"

Publicado o 05/12/2019 15:00

• O rei inicia a rolda de consultas o martes

"Mantense todo". Con esta frase, Ábalos, negociador do PSOE, confirmaba que Esquerra Republicana non anula a reunión prevista para o próximo martes. Os cataláns valoraron nas últimas horas romper as negociacións para a investidura, molestos coas declaracións feitas por Pedro Sánchez, ao entenderen que daba por feito o acordo, unha interpretación que negan dende o PSOE.


Dende Podemos agardan avances na negociación, e Pablo Iglesias mesmo lle tira a cana a Esquerra de cara ás próximas eleccións catalás.

O martes da semana que vén, o Rei comezará a rolda de consultas cos diferentes partidos, de menor a maior, para a investidura do presidente do Goberno.

 

Noticias web

05/12/2019