CRTVG

Buscar

Ábalos anuncia que antes do verán poñerá un tope ao prezo dos alugueiros

Publicado o 27/02/2020 08:15

O ministro de Transporte e Vivenda anuncia para antes do verán unha nova medida lexislativa para poñer un tope aos prezos dos alugueiros. Aplicarase nas zonas onde están a experimentar subas desorbitadas. Ábalos di que non se pode deixar ao chalaneo a protección dun dereito social básico.

José Luis Ábalos, ministro de Tranporte, Mobilidade e Axenda Urbana: "Non queremos mirar cara a outro lado. Non imos estar ausentes na protección do dereito á vivenda. A miña responsabilidade é mirar a xente, a mocidade especialmente, de cara, e dicirlle que este Goberno non lle vai dar as costas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020