CRTVG

Buscar

Ábalos admite o encontro coa vicepresidenta de Venezuela, pero di que non pisou territorio español

Publicado o 24/01/2020 22:10

O ministro de Transportes nega que se reunira coa vicepresidenta de Venezuela, pero si que confirma que houbo un encontro casual entre ambos e que se saudaron. Din que foi dentro do avión onde viaxaba o ministro de turismo venezolano, amigo seu e ao que foi ver, a título persoal, ao aeroporto.

Asegura Ábalos que nesa breve conversa lle lembrou á número dous de Maduro que non podía pisar territorio español, e confirma que eso non sucedeu.

Ciudadanos pídelle explicacións ao Goberno. O PP e Vox, ademais, a dimisión de Ábalos.

Pablo Casado, presidente do PP, " se se acaba demostrando, o señor Ábalos non pode seguir nin un día máis no ministerio. O cumprimento das resolucións da Unión Europea é moi importante"

PP, Vox e Ciudadanos consideran que Ábalos tería que denunciar a presenza da número dous de Maduro no aeroporto español, tendo en conta que ten prohibida a entrada na Unión Europea.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020