CRTVG

Buscar

Baixan os contaxios nos centros escolares galegos, pero aumenta o número de aulas pechadas

Publicado o 21/11/2020 20:52

Lixeiro descenso dos positivos nos centros escolares galegos, que pechan a semana con sete contaxios menos, o que deixa o total de casos en 1.187. Con todo, hoxe péchase un centro escolar, a Escola Infantil Xirandola de Santiago, que tras detectar un positivo clausurou as súas tres aulas.

Aumenta o número de aulas pechadas, son cinco máis ca onte, 51 en toda Galicia. Por áreas sanitarias, Vigo e A Coruña seguen liderando o maior número de positivos entre a comunidade educativa.

Noticias web

21/11/2020