CRTVG

Buscar

Baixan os casos activos na área de Ourense, onde adían as intervencións non urxentes

Publicado o 23/10/2020 15:27

As restricións xa están dando resultados en Ourense, onde se comezou a dobregar a curva. O número de casos activos baixou hoxe ata os 392, 180 menos que hai dez días.

O número de hospitalizados en coidados intesivos en Ourense baixou de 15 a 13 nas últimas horas. Tamén descenderon os hospitalizados en planta.

Dende a xerencia decidiron adiar parte das intervencións non urxentes, pero a situación segue a ser preocupante.

Destacan que o número de hospitalizados e de ingresados en UCI é inferior ao da primeira vaga da pandemia, aínda que xa se superaron os contaxiados, debido a que agora se detectan máis asintomáticos.

Agardan que a tendencia á baixa dos últimos días se consolidade para seguir diminuíndo a presión asistencial.

Noticias web

23/10/2020