CRTVG

Buscar

Baixan os casos activos en Galicia (-11), pero na área sanitaria de Lugo seguen subindo (+15)

Publicado o 08/07/2020 11:48

Galicia ten hoxe 11 casos activos menos, ata un total de 245, grazas sobre todo a que o descenso rexistrado na área de Vigo (-26 infectados) contrarresta unha nova suba na área de Lugo (+15 casos). Este incremento en Lugo é maior que o de onte (+8) pero menor que o de antonte (+26).

Nestes momentos hai tres áreas que están practicamente libres de coronavirus. Son Ourense e Ferrol (con só dous infectados) e Pontevedra (que ten unicamente tres). 

Non hai variacións no número de hospitalizados -seguen sendo sete- e continúa sen haber ingresados na UCI. O número de falecidos mantense en 619 desde o 10 de xuño, é dicir, desde hai case un mes.